O vindeiro sábado 27 de decembro, ás 19,00 horas, terá lugar no Centro Cultural de Arenteiro, no municipio de Piñor, a representación teatral “Os marcos da Vida”, una produc¡ón da Escola de Teatro de Taboadela (Esteta), actividade que está incluída na Rede de Auditorios da Deputación Provincial de Ourense.
A sinopse desta obra trata dunha aldea galega do século XXI, dúas historias de amor con idéntico comezo pero con final idéntico tamén ou non…, conflitos latentes doutros tempos entre veciños como poden ser uns marcos de leiras… todo isto son os ingredientes desta comedia costumista cun gran trasfondo social e vital, que fará que o espectador goce e reflexione sobre as inquedanzas e problemáticas sociais do rural.
A entrada é de balde, polo que dende o Concello de Piñor agardan que teña boa acollida e que se acerquen a ver o desenlace desta historia e pasar un rato agradable e de risas.









