O Carballiño oferta un parque de atraccións, música e teatro para desfrutar da última fin de semana de 2025

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño propón unha variada programación lúdica para desfrutar da última fin de semana do ano. A oferta inclúe o parque de atraccións CarbaNadal, o concerto “Treides comigo” de Xoán Curiel e a súa banda e a obra de teatro infantil “A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”.

O pavillón Paco Chao acolle desde hoxe e ata o 31 de decembro o CarbaNadal, un espazo lúdico con inchables xigantes, obradoiros creativos e xogos de construción onde os máis cativos poderán divertirse e aprender nun entorno seguro e cheo de ilusión. O parque ten estruturas evolution e xrun xigantes, onde os participantes teránetar o percorrido de obstáculos e probas deportivas. O horario do parque é de mañá (de 10,30 a 13,30 horas) e tarde (de 16,00 a 20,00 horas). O prezo de cada entrada será de 7 euros no horario matutino e de 8 euros pola tarde.

Mañá, o templo da Veracruz acollerá o concerto “Treides comigo” de Xoán Curiel e a súa banda. O espectáculo, que comezará ás 19,30 horas, inclúe cantigas galego-portuguesas dos séculos XII ao XIV ligadas aos dez camiños de Santiago e interpretadas desde unha mirada actual. O público poderá descubrir curiosidades sobre os autores da época, as diferentes formas das cantigas e a súa memoria inmaterial, incluíndo algunhas lendas e historias que lles dan vida.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Xa o domingo, as familias do Carballiño teñen cita no Auditorio Municipal Manuel María con “A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, unha divertida peza teatral con música en directo. A obra, da compañía A Xanela do Maxín, comeza ás 18,00 horas e as entradas xa están á venda a través de ataquilla.com.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------