O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Boborás, no que a Xunta financiará os traballos de cubrición do parque infantil. Na visita tamén participou a alcaldesa do concello, Ana Patricia Torres.
Perfecto Rodríguez explicou que a Xunta vén de asinar un convenio de colaboración co ente local polo que destinará 100.000 euros a estes traballos, que deberán estar listos ao longo do vindeiro ano. O Concello, como titular do centro, será o encargado da contratación e do seguimento das obras



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O xerente do Consorcio enmarcou esta actuación no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de continuos investimentos de mellora nos centros de 0 a 3 anos ou tamén con medidas como a gratuidade.
Ao respecto, Perfecto Rodríguez destacou que este é o cuarto curso consecutivo no que as familias galegas non teñen que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos ou fillas, vaian a unha escola 0-3 da Xunta, dependente dun concello, de iniciativa social ou privada. Grazas á gratuidade, Galicia lidera a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil cun 65%, 15 puntos por riba da media nacional.
A cubrición do parque infantil do PAI de Boborás forma parte dun novo programa de intervencións en centros públicos de 0 a 3 anos toda Galicia, de titularidade municipal e autonómica. A Xunta destinará a estas actuacións, preto de 980.000 euros procedentes do Fondo de Cohesión e Transformación Social (FCT).
Con estes fondos acometeranse actuacións de reforma, de ampliación, de renovación de cubertas e fachadas ou de equipamento, en función das necesidades que teñan os centros.









