O Arenteiro ten que gañar hoxe ao Lugo en Espiñedo para saír dos postos de descenso

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Club Deportivo Arenteiro afronta esta fin de semana o primeiro dos tres derbys nos que xogará con conxuntos galegos: Lugo, Pontevedra e Ferrol. A primeira cita terá lugar hoxe no estadio municipal de Espiñedo dende as 16,15 horas, fronte ao Club Deportivo Lugo, un equipo situado no noveno posto da clasificación do grupo 1º da Primeira Federación, con 26 puntos totais, e que vén de gañar no Anxo Carro ao Mérida por 1-0.

A situación dos verdes é bastante diferente a nivel da táboa clasificatoria, xa que ocupan o 16º lugar, en postos de descenso e con 19 puntos globais, tra-la derrota sufrida na pasada xornada nas instalacións de Valdebebas ante o Real Madrid Castilla (2-0). Por iste motivo, o Arenteiro debe conquerir un triunfo para saír do tramo do grupo marcado en vermello e que lidera xunto a outros catro equipos: Osasuna, Ponferradina, Guadalajara e Cacereño.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A incorporacion de Jorge Cuesta como novo adestrador tivo unha boa repercusión positiva no xogo do equipo do Carballiño, se ben iste revulsivo non foi suficiente, tendo en conta que os problemas de definición cara a gol seguen a ser os mesmos e a afección bota de menos unha dianteira máis efectiva e un meirando control da pelota no centro do campo. Cecais a xunta directiva e os responsables técnicos se decidan a levar a cabo as fichaxes necesarias ao longo deste mes de xaneiro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------