O PSDEG-PSOE lamenta que o PP de Ourense non queira doar a Cáritas e Cruz Vermella miles de euros da Diputación para gastos políticos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PSDEG-PSOE LAMENTA FONDAMENTE QUE O PP DE OURENSE NON QUEIRA DOAR A CÁRITAS E CRUZ VERMELLA DECENAS DE MILES DE EUROS DA DEPUTACIÓN PARA GASTOS POLÍTICOS

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os socialistas destacan que “no lugar de sumar, desprezaron nun comunicado axudar ás ONG cunha resposta repleta de insultos e ataques nun momento no que é preciso unir forzas”
Defenden que “o máis adecuado” é trasladar estos fondos directamente ás dúas ONG para que elas “xestionen os cartos co fin de adicalos as súas necesidades máis perentorias sen intermediaros”

O PSdeG-PSOE lamenta fondamente que o Partido Popular de Ourense non queira doar a Cáritas e Cruz Vermella decenas de miles de euros da Deputación Provincial, que non van ser empregados para as dietas dos deputados e deputadas dos meses de marzo e abril, co fin de que estas dúas entidades destinen eses cartos a necesidades derivadas do coronavirus, dentro da súa recoñecida labor coas persoas necesitadas, tal e como propuxeron os socialistas esta semana.
“Os populares con Manuel Baltar á cabeza, no lugar de sumar, desprezaron nun comunicado axudar ás ONG de Ourense cunha resposta repleta de insultos e ataques persoais nun momento no que é preciso unir forzas para axudar máis e mellor ós afectados por esta emerxencia sanitaria”. Os socialistas defenden que “o máis adecuado” é trasladar estos fondos ás dúas ONG para que “xestionen directamente e sen intermediaros os cartos co fin de adicalos directamente as súas necesidades máis perentorias”. “Para tranferirlles eses cartos é preciso aprobar unha modificación orzamentaria, xa que os fondos para esas dietas de cargos políticos están provisionados no capítulo II (gastos correntes en bens e servizos) dos orzamentos e para facer unha tranferencia directa ás ONG é preciso que estean nos capítulos IV ou VII (transferencias correntes ou de capital) polo que é imposible xa teñan ese uso”, matizan.
“Nestes duros momentos, as institucións están obrigadas a propor ideas, avalialas entre todos os representantes políticos e sociais, e desenvolvelas con axilidade para garantir a súa eficacia, eficiencia e efectividade públicas”, insisten antes de concluir aseverando que “a lealdade institucional é outro dos ingredientes necesarios na acción política e administrativa, e o PSdeG-PSOE de Ourense amosa o seu compromiso para cumprir con estas obrigas, a través destas propostas respectuosas”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------