Aberta a inscrición para participar no ‘III Rallysprint de Piñor’, que se celebrará os días 20 e 21 de febreiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Escudería Motor Piñor organiza os días 20 e 21 do vindeiro mes de febreiro o ‘III Rallysprint de Piñor’, que se celebrará nos municipios de Piñor e San Cristovo de Cea. Trátase da primeira proba puntuable do “Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i 2026”, e abre o calendario de eventos automobilísticos autonómico.

Despois das dúas edicións anteriores, nas que se acadou un bó resultado tanto na participación como de público asistente, a Escudería afronta con ilusión a organización dunha nova proba co obxectivo de seguir mellorando ano tras ano, tanto para os equipos participantes como para os afeccionados.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O prazo de inscrición para a esta terceira edición do Rallysprint de Piñor xa está aberto ata o 16 de febreiro, e pode efectuarse a través da plataforma PODIUM da Federación Galega de Automobilismo (https://www.fga.es/project/rallysprint-de-pinor-2026/ ).

Dende a organización salientan que “un evento deportivo precisa da participación e colaboración de entidades públicas, como son a Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Federación Galega de Automobilismo, Concello de Piñor, Concello de San Cristovo de Cea, patrocinadores, persoal voluntario de Protección Civil, Garda Civil de Tráfico, Escuderías, persoas anónimas, amigos, que sen a súa implicación o rallysprint non sería posible”, e fan unha “mención especial dos veciños e veciñas da zona pola súa comprensión e axuda”.

Toda a información oficial desta proba deportiva pódese seguir na aplicación APP SPORTITY co clave PINOR26.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------