A Escudería Arenteiro Clásicos do Carballiño fíxose co podio completo nunha nova edición do ‘Rallye de Reyes’ celebrado esta pasada fin de semana na capital da provincia e organizado pola Escudería Clásicos Ourense.
Unha vez rematado o percorrido, o equipo integrado por José Manuel Mosquera e José Manuel Ferreiro, con Mini, situábase na primeira praza da clasificación, seguidos por José Antonio e Pablo González cun BNW, e completando o podio Luciano Duarte e Begoña Alfaro, con Mini, todos eles da escudería carballiñesa.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Nunha valoración realizada polos responsables da escadra da vila do Arenteiro, saliéntase que este Rallye de Reyes de Ourense “voltou demostar por qué é unha das probas de regularidade máis esperadas e desafiantes do calendario, xa que esta edición non só veu marcado polo libro do roteiro senón tamén por unha meteoroloxía implacable que puxo a proba a pericia dos equipos participantes”.
Califican de “auténtico recital” o papel amosado por Arenteiro Clásicos neste rallie, pechando “un podio de ilusión”. Engaden que “máis alá do podio, a nosa escadra radica a súa forza colectiva demostrando que a afección polos clásicos na nosa zona está máis viva ca´nunca, como así se demostrou nesta primeira proba do ano co gran número de equipos participantes da nosa escudería”.
A vindeira cita de Arenteiro Clásicos será o ‘Rallye de Primavera’, proba que terá lugar en Vigo o vindeiro mes de febreiro.

















