Nas semanas pasadas o muralista e artista plástico Xosé Eladio desenvolveu no Punto de Atención Infantil de Sandiás un obradoiro de Pintura cos cativos coa finalidade de elaborar o cartaz para o concurso do Entroido Infantil de Xinzo de Limia e que presentamos nesta entrada. O obradoiro contou tamén coa colaboración de Cristina, coordinadora do PAI e do equipo educativo.
A intención e temática do cartaz
A inspiración nace como un anuncio, unha proclama en modo crotoreo: chega o Entroido. As cegoñas saen de Sandiás dispostas a percorrer a Limia. A súa presenza nestas alturas do ano confirman a lenda. Quedan para gozar do Entroido. No seu voo o ceo crea o decorado, achega esas cores atrevidas e festivas mesturadas sen receita. Acompáñana dándolle esa áurea magestuosa e animando a estrelas e galaxias a que se somen á festa. A xente ao seu paso danza e toca as trompetas dando as grazas. Está a chegar o día…chega o Entroido.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A técnica mural
O mural está realizado sobre catro lenzos ( cuadríptico) sendo os nenos os que fondearon a obra sobre unhas pequenas indicacións sobre que cores usar. As figuras foron realizadas con plantillas para encher o seu interior, única maneira de controlar a enerxía dos cativos. É un acrílico con pigmentos naturais aptos para a súa idade e barnizado polo artista para a súa conservación.
O protagonismos dos nenos e nenas do PAI de Sandiás
O proceso desenvolveuse ao comezo con cariñas de expectación e mentres Xosé Eladio preparaba as pinturas e os lenzos sobre os que pintar, estaban todos moi atentos. Empezaron a pintar con medo pero logo desfrutaron unha chea, a proba diso ver os seus mandilóns e como quedou o chan da escola. Foron eles sós mesturando diferentes cores libremente e pintando sobre os lenzos de maneira creativa. Ao finalizar o obradoiro fixemos unha pequena merenda de chocolate con churros.
Agradecemos as aportación ao texto de Xosé Eladio, coordinador do proceso de realización do cartaz e a Cristina, coordinadora do PAI de Sandiás.

















