ABANCA e a Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño colaboran para impulsar a viabilidade dos negocios

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

ABANCA e a Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA) asinaron esta mañá un acordo financiero co que a entidade financiera reforza o seu compromiso cunha zona industrial e empresarial de gran relevancia para toda a comarca.

O acordo foi asinado en Ourense polo director territorial de ABANCA en Ourense, José María Jardón, e o presidente da asociación, Manuel Carballeda. Os dous representantes aproveitaron o encontro para facer balance da situación actual do sector e para poñer en valor o papel que xoga a entidade financiera no tecido industrial, especialmente na provincia de Ourense.

No documento establécense unha serie de produtos financieros como os préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario e unha ampla gama de solucións para facer fronte ás necesidades diarias dos empresarios e empresarias, como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou confirming. Ademais, as persoas asociadas poderán acceder ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Doutra banda, o convenio ofrece tamén o acceso a servizos bancarios dixitais, como a banca electrónica ou vantaxes na contratación de terminais de punto de venda (TPVs), tanto físicos, como virtuais.

O novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’ é outro dos puntos crave desta colaboración. Trátase do primeiro plan de emprego simplificado (PPES) dirixido a persoas traballadoras autónomas: unha solución sinxela e flexible, pensada para complementar a xubilación do colectivo, que permite xerar un maior aforro que os plans de pensións individuais.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------