A libraría OZOCOgz vén de programar unha actividade para o vindeiro luns 23 de febreiro co gallo da celebración do Día de Rosalía, e que terá lugar á altura do número 29 da rúa Curros Enríquez do Carballiño a partir das 18,00 horas.
Haberá música e recitado de poemas, e ‘caldo de gloria’ para as e os asistentes entre os que estarán a propia ‘Rosalía de Castro’ acompañada de ‘Manuel Murguía’, grazas á complicidade e colaboración do grupo de teatro Dar Trela.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Teñen confirmado asistencia, ademais de moita xente a nivel particular, a Asociación Cultural Terras do Arenteiro, Dar Trela Teatro, Centro Sociocomunitario do Carballiño, Escola de Música Pulpo Beats, Pandeireteiras de Maside, Pandeireteiras Lumieira, Pandeireteiras As Faíscas, Asociación Cultural Beira do Avia, de Leiro; Agrupación Cultural Avantar, Pandeireteiras CPI Terras de Maside e Pandeireteiras OZOCOgz.

















