Castrelo de Miño dispón dun ‘refuxio climático’ financiado pola Consellería de Medio Ambiente

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou hoxe os traballos de mellora nun dos ‘refuxios climáticos’ que a Xunta ten financiado en Galicia, neste caso en Castrelo de Miño. A titular do departamento autonómico, acompañada pola directora xeral da directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, e do alcalde deste concello, Avelino Pazos, apuntou que hoxe saíu a convocatoria dunha segunda liña de axudas para estes espazos, cun orzamento total de 2 millóns de euros, salientando que “a provincia de Ourense foi a que máis proxectos presentou nesta primeira edición e, polo tanto, a que máis orzamento se levou”.

Ángeles Vázquez puxo hoxe en valor que os concellos galegos poden recibir ata 180.000 euros en axudas da Xunta para impulsar solucións naturais coas que previr os riscos derivados do quecemento global. Ángeles Vázquez suliñou que os refuxios climáticos “pretenden ter prazas máis verdes, camiños máis sombreados entre outras cousas, pero, sobre todo, espazos máis amables”, nos que no verán se poida estar e camiñar a sombra. Avelino Pazos, pola súa banda, agradeceu a presenza e apoio da conselleira e de alcaldes do Ribeiro “porque xuntos somos máis fortes”.

Vázquez avanzou que o Concello de Castrelo de Miño tamén se verá beneficiado pola próxima acometida de obtas de abastecemento e saneamento que contan co financiamento da súa Consellería, e animou a todos os concellos do Ribeiro para presentar proxectos ao abeiro das axudas para poder dispor tamén de refuxios climáticos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------