O Concello de Boborás informa de que está aberto o prazo para participar no programa da Deputación de Ourense “Termalismo contra a soidade”, unha iniciativa que promove o envellecemento activo e combate a soidade non desexada a través de actividades termais en grupo.
Lugar: Balneario de Caldas de Partovia
Duración: 7 meses
Comezo: 16 e 18 de marzo
Horarios:
- Luns de 09:30 a 10:15 h
- Mércores de 19:15 a 20:00 h
Prezo inicial: 371 €
Subvención da Deputación de Ourense: 126 €
Prezo final para as persoas participantes: 245 €
Dirixido a persoas maiores que viven soas ou que os Servizos Sociais municipais consideren oportuna a súa inclusión.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Información e solicitudes:
Servizos Sociais Municipais – Concello de Boborás
Teléfono: 988 40 20 08
Unha oportunidade para coidar a saúde, compartir tempo e fortalecer vínculos. Porque acompañarse tamén é benestar.









