A Casa da Cultura de Ribadavia acollerá o vindeiro martes, 10 de marzo, de 11,30 a 13,30 horas, unha xornada informativa sobre o programa ‘Vilas Vivas’, unha iniciativa orientada á dinamización comercial e á posta en marcha de novos proxectos emprendedores no ámbito local.
Tras o éxito do primeiro concurso de locais, no que dous emprendedores xa iniciaron a súa actividade na vila, o programa continúa abrindo novas oportunidades para persoas artesás, produtoras e emprendedoras que queiran desenvolver unha proposta diferencial nun contorno con encanto e potencial económico.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A sesión está organizada polo Polo de Emprendemento de O Carballiño en colaboración con Rural Consulting e permitirá coñecer de maneira clara e práctica as características do programa, as vantaxes que ofrece e os pasos necesarios para solicitar os baixos comerciais dispoñibles. Ademais, habilitarase un espazo para resolver dúbidas e favorecer o intercambio de experiencias entre as persoas asistentes.
O programa Vilas Vivas busca especialmente proxectos que acheguen valor engadido ao tecido comercial do territorio, promovendo negocios vinculados á cultura, tradición, creatividade e calidade. A xornada comezará ás 11,30 horas, coa benvida e presentación do proxecto Vilas Vivas, e continuará coa explicación dos pasos para a solicitude dos locais, unha quenda de preguntas, un ‘networking’ con petiscos e a clausura, prevista para as 13,30 horas.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón:
https://polosemprendemento.gal/calendar/xornada-informativa-sobre-o-programa-vilas-vivas
















