✔ A directora da obra, María José Bravo Bosch, presentará e introducirá a proxección cunha conferencia previa.
✔ O acto terá lugar o vindeiro venres 13 de marzo ás 19.00 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
✔ A iniciativa enmárcase na conmemoración do 50 aniversario do pasamento de Otero Pedrayo e no centenario da súa obra “Guía de Galicia”.
O Museo Etnolóxico de Ribadavia será o escenario da proxección do documental “Ramón Otero Pedrayo, Dereito á Paisaxe”, unha peza audiovisual que afonda no vínculo entre o intelectual galeguista e a súa concepción da paisaxe como parte fundamental da identidade galega.
A cita será o venres 13 de marzo ás 19.00 horas, cun programa que incluirá unha conferencia e presentación a cargo da propia directora do documental, María José Bravo Bosch, quen ofrecerá as claves da obra e contextualizará a figura de Otero Pedrayo no seu labor como escritor, xeógrafo e pensador.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Esta actividade enmárcase na celebración do Ano Oteriano 2026, unha efeméride que lembra o 50 cabodano do falecemento de Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), coincidindo tamén co centenario da publicación da súa “Guía de Galicia”, obra de referencia no coñecemento do territorio e da cultura do país.
A través desta proxección, o Museo Etnolóxico de Ribadavia súmase ás homenaxes que ao longo do ano reivindicarán o legado dun dos intelectuais máis influentes do galeguismo, destacando a súa ollada multidisciplinar e o seu amor pola terra.
A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

















