O grupo municipal Socialista de Leiro vén de lamentar a actitude amosada polo alcalde, Francisco José Fernández, en relación á recente visita institucional, que tivo lugar onte, da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruras, María Martínez, para a presentación do proxecto de humanización da rúa Rei de Viana.
Nun comunicado de prensa, os concelleiros Manuel Rodríguez e Pedro José González denuncian o “uso partidista” que o alcalde fai das institucións ao convocar unicamente aos seus concelleiros e membros afíns do seu partido na Entidade Local de Berán, ocultando a visita de xeito deliberado aos representantes da oposición e ao vogal socialista en dita entidade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O PSOE de Leiro lamenta que o Alcalde confunda o Concello co seu club privado e utilice actos financiados con fondos públicos como estratexia de marketing para os seus acólitos, ninguneando a lealdade institucional e a representación democrática da veciñanza.
Descarga do documento orixinal. Premer na Imaxe










