O próximo mércores, 18 de marzo, a partir das 11,00 hs terá lugar, coincidindo coa entrada da primavera, na Insua dos Poetas, a Celebración do Día Mundial da Poesía, a Árbore e a Auga.
A Fundación Insua dos Poetas ven realizando anualmente esta actividade desde o 2010 en colaboración cos centros de ensino da comarca do Carballiño.

É o propio alumnado de primaria, ESO e Bacharelato, xunto co profesorado o que participa nesta Celebración da Poesía, a Árbore e a Auga mediante actuacións musicais, recitais de poemas e sketchs teatrais.
Nesta edición de 2026, dedicada a Ramón Otero Pedrayo, no 50 aniversario do seu falecemento, está prevista a participación de 9 centros de ensino, 7 da comarca do Carballiño e 2 de Ourense.
O programa previsto terá dúas partes, as actuacións dos escolares e a plantación de árbores autóctonas, tamén a cargo dos alumnos.
Participarán os seguintes centros da Comarca de O Carballiño:
· CEIP Calvo Sotelo
· CEIP Nosa Señora de Xuvencos
· CEIP Virxe da Pena da Sela
· CPI Virxa da Saleta
· CPI Terras de Maside.
· CPR Vila do Arenteiro
· IES Manuel Chamoso Lamas
Participarán os seguintes centros de Ourense:
· CEIP Amadeo Roodríguez Barroso
· CEIP Virxe de Covadonga
Total: 450 alumnos e alumnas.















