Ribadavia oferta cursiños de danza e competencias dixitais para este 2025

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia colabora neste ano que hoxe comeza na promoción de actividades vencelladas coa xestión de recursos dixitais e a introducción a diferentes modalidades de danza. No primeiro caso, trátase dun programa gratuíto de formación en competencias dixitais, cunha duración de 12 días para cada unha das accións formativas, que se extenderán entre os día 21 do presente mes de xaneiro ata o 25 de abril, con horarios previstos de luns a venres de 9,00 a 14,00 h., tendo en conta que as clases serán presenciais. As persoas interesadas poden preinscribirse a través do formulario dispoñible en liña: Formulario de inscrición, ou contactar a través dos teléfonos 654 825 395 / 657 895 493, ou no correo sandra@bigformacion.com.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O primeiro dos módulos, todos eles cun nivel básico, está orientado á busca e xestión da información dixital, do 21 de xaneiro ao 5 de febreiro; o segundo, orientado á creación de contidos, celebrarase do 6 ao 21 de febreiro; o terceiro, de comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, impartirase do 24 de febreiro ao 14 de marzo; o cuarto, de resolución de problemas na contorna dixital, será do 17 de marzo ao 1 de abril, e, o quinto e último, do 2 ao 25 de abril, centrarase na seguridade e o civismo nas redes dixitais. Ao finalizar o itinerario formativo, o alumnado recibirá un dispositivo tecnolóxico como agasallo.

A segunda actividade está aberta a todas aquelas persoas que desexen mellorar a súa forma física ao tempo que pasan un bo rato con música e baile, ao traverso das clases que serán impartidas polo recoñecido instructor federado Juan Fernández. Estas darán comezo o 1 de febreiro e realizaranse os sábados no Polideportivo O Consello, con diferentes horarios segundo idades e modalidades. As clases de bailes de verbena, para maiores de 50 anos, serán impartidas ás 16,00 h; as de iniciación á bachata e á salsa, para maiores de 16 anos, ás 17,00 e ás 18,00 h., respectivamente, reservándose o horario das 19,00 h. para o nivel intermedio de bachataq e salsa. A organización fixa uns prezos mensuais de 25 euros para un curso, 45 euros para dous cursos e de 55 euros para tres cursos, e as inscripcións poderán facerse contactando co Concello de Ribadavia no número 667.295.336 de whatsapp.