A D.O. Ribeiro ofreceu unha cata de 29 viños na feira internacional ‘Prowein’ celebrada en Düsseldorf

----------------------------------------------------------------------------------------------------------


O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro participou un ano máis no evento internacional de viños ‘Prowein’, que tivo lugar no recinto Messe de Düsseldorf (Alemaña) do 15 ao 17 de marzo. Nesta 32ª edición do evento, participaron preto de 42.000 visitantes profesionais do sector vitivinícola chegados de 142 países.

A D.O. Ribeiro presentouse a través dunha zona de cata libre con 29 referencias de viños, brancos e tintos, e coa participación con caseta presencial de tres adegas da Denominación no espazo “Galicia”, creado pola AGACAL (Xunta de Galicia), situado no pavillón número 6, dedicado aos viños de España. A denominación de orixe máis antiga de Galicia mostrouse aos profesionais do sector vinícola a través de casetas de tres adegas (Adegas Villanueva, Ramón do Casar e Viña Costeira) así como un espazo de cata libre con 29 referencias: 27 viños brancos e dous tintos: A Telleira Parcelas, A Vilerma, Alberte Doble Leas, Alter, Anxo Martín, Armán Predio Misenhora, Big Bang, Carlos Villanueva Godello Treixadura, Carlos Villanueva Treixadura Albariño, Casal de Armán, Casar de Vide, Colección 68, Costeira Treixadura, Cunqueiro Centenario, Cunqueiro III Milenium, Gran Alanís Castes Brancas, Gran Alanís Treixadura Godello, A Viñoa, Napedra, Pazo Tizón, Ramón do Casar Treixadura, Ramón do Casar Varietal, Renacido, Superheroe, Teira X, Terra Minei, Tolemia, Val de Nairoa e Village.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A D.O. Ribeiro segue apostando pola fidelización no ámbito internacional coa participación nesta feira consolidada, que segue sendo unha das de maior relevancia a nivel mundial. A presidenta do Consello Regulador, Concha Iglesias Pousa comenta que “os preto de 180 visitantes profesionais que se achegaron á nosa caseta durante algunha das tres xornadas tiveron a oportunidade de catar preto de 50 viños de colleitas distintas, desde a máis recente 2025 pasando por 2024, 2023 ou 2022, entre as referencias dispoñibles no túnel dos viños da Denominación Ribeiro como nas adegas participantes presencialmente, podendo percibir neles a elegancia, autenticidade e personalidade dos viños elaborados con variedades autóctonas, como a Treixadura, Godello, Lado, Albariño ou Albilla do Avia en viños brancos ou o Caíño Longo, Sousón ou Brancellao en tintos”.

“Visitantes exclusivamente profesionais do sector, entre eles importadores, distribuidores, restaurantes, tendas especializadas, formadores, catadoras, xornalistas, prescritores ou catadores, de países como Alemaña, Países Baixos, Dinamarca, Turquía, Bélxica, Suíza, Reino Unido, Moldavia, cataron na nosa caseta para coñecer de primeira man os nosos viños nados de viñedos de pequenas extensións, coidados polos nosos viticultores e elaborados con mimo e elegancia polas nosas adegas”, concluíu a responsable do Consello Regulador.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------