Castrelo de Miño acolle este domingo unha charla informativa sobre o proxecto eólico do Coto de Novelle

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro domingo, 29 de marzo, ás 12,00 horas, o Albergue do Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá unha charla informativa aberta á veciñanza sobre o proxecto eólico do Coto de Novelle (PE Arnoia), unha iniciativa que está a xerar unha fonda preocupación social e
ambiental na comarca do Ribeiro.

O acto contará coa participación de Olaia Ledo, responsable da área de Ecoloxismo do BNG; Erik Dobaño, portavoz da plataforma Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova; e Xosé Manuel Golpe, deputado do BNG no Parlamento Galego, quen achegarán información detallada sobre o impacto real destes proxectos no territorio, tanto a nivel ambiental como económico e social.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Dende o BNG de Castrelo de Miño, xunto co BNG de Cartelle e a Plataforma Stop Eólicos A Limia Xures Celanova, queren poñer de manifesto que Galicia non pode seguir sendo unha simple colonia enerxética ao servizo de intereses alleos, mentres se compromete o noso patrimonio natural, paisaxístico e produtivo. A instalación de aeroxeradores de gran tamaño —que poden acadar máis de 200 metros de altura— supón unha transformación agresiva da paisaxe, con afección directa sobre o medio natural, os recursos hídricos e a calidade de vida da veciñanza.

Con esta charla, preténdese informar, aclarar dúbidas e fomentar a participación cidadá, nun momento clave no que a sociedade debe decidir que modelo de desenvolvemento quere para o seu territorio. O BNG fai un chamamento a toda a veciñanza do Ribeiro para asistir a este encontro, informarse e participar activamente na defensa do territorio.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------