A veciñanza de Quins, en Melón, celebrará unha ‘gran churrascada’ no pavillón o vindeiro 18 de abril

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pavillón deportivo da parroquia de Quins, no municipio de Melón, acollerá o vindeiro sábado 18 de abril unha celebración gastronómica nocturna aberta tanto a adultos como a cativos, e na que non faltará animación musical e o sorteo de premios.

Para esta ‘churrascada’, que dará comezo ás 21,00 horas, o menú previsto de adultos consistirá en empanada, churrasco de polo e porco, auga, viño, bica e café, e cun prezo de 18 euros, mentres que a cativada poderá degustar tortilla, cadeliños quentes, auga, refrescos e bica, polo prezo de 10 euros.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Os tiquets que dan dereito a participar nesta cea popular están á venda na Tenda Rosa Mari e nos bares Casal, Jamaica, Nelo e Pintamonas, se ben tamén se poden mercar a calquera membro da comisión organizadora.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------