O xove deportista do Irixo, Roi Freixedo González, conqueríu o primeiro posto e a medalla de ouro na categoría sub23 masculina no Campionato Galego de Xoves Promesas de tiro olímpico, celebrado esta mañá na galería de tiro da Casa do Deporte do Concello de Lugo.
Roi Freixedo fíxose con este galardón na modalidade de precisión 10 metros pistola, nunha proba clasificatoria que dá acceso ao Campionato de España, que terá lugar do 14 ao 17 de abril na cidade de Murcia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Un total de catro deportistas da provincia de Ourense conqueriron subir ao podio, todos eles na modalidade de pistola. Así, ademais do ouro de Roi Freixedo na sub23, tamén acadaron os primeiros postos Paula Andrade Rodríguez, ouro na categoría xuvenil feminina, e, Breixo García Rosa, ouro na categoría xuvenil masculino, mentres Roberto Alonso Vales Cendón, conseguíu un segundo posto e medalla de prata na categoría infantil masculino.
Na imaxe, os catro deportistas ourensáns (Roi, Breixo, Roberto Alonso e Paula, de esquerda a dereita), xunto co presidente da Federación Galega de Tiro Olímpico, Julio Rivas Iglesias.









