https://www.facebook.com/share/v/1B8rGi4Enu
Con catro edicións e 8.000 visitas nunha fin de semana, o Salón do Vehículo Clásico consolídase como unha das citas anuais ineludibles para os amantes vehículos de época e competición que un ano máis desfrutaron no recinto dos coches expostos e dos produtos ofrecidos polos máis de 60 expositores. Os propietarios de clásicos envorcáronse ademais con esta cita acudindo a ela a bordo do seu clásico e durante os dous días o salón recibiu máis de 450 vehículos clásicos particulares. A quinta edición celebrarase en abril de 2027.

Durante esta segunda xornada foron entregados tamén os premios do 3º Concurso de Elegancia do salón. O xurado profesional estableceu dúas categorías cronolóxicas e premio un clásico de antes de 1970 e outro posterior. O Cadillac Eldorado de 1959 de Rubén Rodríguez e o Porsche 944 de 1982 de Íñigo Vila foron os gañadores. Na categoría de votos do público a través das redes sociais do salón o gañador foi o Alpine A310 de Jonathan Suárez.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Tamén se entregaron hoxe os premios da terceira edición do Concurso “O meu clásico de portada” que regalaba aos gañadores o cartel promocional da feira de 2027 coa imaxe do seu clásico. Os gañadores foron Carlos Martínez cun BMW 918 IS e30 de 1990; Adrián Díaz co seu Glof MK3 GTI 16v ABF de 1994 e Manolín Cagiao co seu Nissan Bluebird de Grandprix de 1987. Doutra banda, Mikel Nieto e Lisardo Conde foron os gañadores da III Copa de Lentos en moto organizada polo Club de vespas e Lambrettas Clásicas – Agudos de Ourense.

E un dos momentos de maior emoción da xornada de hoxe foi a gran final do 3º Campionato de Simracing de Clásicos organizado pola empresa ourensá Xog-on e que contou con 190 rexistrados. Foi unha emocionante final narrada polo youtuber Mario Soler que se disputou no circuíto imaxinario de Dragon Trail Xardíns de Croacia e cuxos finalistas competiron cun Fiat Panda Rallye de 99 cv. O gañador foi Diego López (Vigo).
Hoxe tamén se celebrou o segundo Roteiro de Clásicos do salón na que participaron medio centenar do coches e motos clásicas que fixeron un percorrido polos arredores de Ourense e que incluíu unha visita guiada ao Claustro de santo Francisco. Esta actividade contou coa colaboración da Escuadra de Clásicos Ourense. Tamén a xornada elixida polo Club de Alfistas (Alfa Romeo) de Galicia para organizar unha quedada de socios en Ourense. O Club de Mercedes Benz W123 de Galicia, modelo que cumpre 50 anos, organizou unha concentración con destino Celanova pero con saída e meta no salón do Clásico.
A próxima cita feiral de Expourense está relacionada tamén o sector do automóbil. A próxima fin de semana, do 17 ao 19 de abril, o recinto acolle o ‘VIII Car Outlet Ourense’, que organiza de forma conxunta coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO.

















