O CCA abre a campaña “Bicos para mamá” co reparto de 10.000 papeletas para o sorteo de vales de compra

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA) impulsa o comercio local co reparto de 10.000 papeletas na campaña “Bicos para Mamá”, una iniciativa pensada para dinamizar o comercio local coincidindo co Día da Nai e fomentar as compras de proximidade cunha proposta emocional e participativa.

A campaña desenvolverase ata o domingo 3 de maio, periodo no que os establecementos asociados repartirán 10.000 papeletas entre a súa clientela. Por cada compra realizada, os consumidores recibirán unha participación para entrar no sorteo de tres vales de compra de 50 euros cada un. Ademais, “Bicos para Mamá” inclúe unha acción de rúa coa que se pretende implicar á veciñanza: o equipo sairá a distintos puntos do municipio para recoller mensaxes, felicitacións e bicos para as mamás, que serán difundidos a través das redes sociais do Carballiño CCA. O obxectivo desta campaña é dobre: por unha banda, incentivar o consumo no comercio local nunhadata clave; e por outra, crear un movemento emocional arredor das familias e do papel das nais.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Según explica Julián Garriga, presidente da asociación de comerciantes, “con esta campaña queremos lembrar que cada compra no comercio local ten un impacto directo na vida do noso pobo. Non é só unha cuestión económica, senón tamén social e emocional”. Pola súa parte, Noelia Mares, xerente do Carballiño CCA, destaca o enfoque participativo da iniciativa: “queremos que a xente non só compre, senón que forme parte da campaña. Saír á rúa, mandar un bico a mamá e compartir ese momento fai que o comercio local se sinta máis próximo e máis vivo”.

Dende a organización animan a toda a veciñanza a participar, mercar nos establecementos asociados e converter este Día da Nai nunha celebración colectiva.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------