Expourense acaba de pechar as portas da oitava edición do Car Outlet Ourense con 135 coches vendidos e tendo recibido máis de 3.500 visitas en tres días, datos o que superan as cifras da edición anterior (113 coches vendido e 3.000 visitas). Este salón organizado entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-ACAUTO, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, está xa consolidado como una cita agardada polos expositores e tamén polos visitantes. Esta oitava edición contou coa participación de 20 concesionarios oficiais que representaban a 28 marcas e que ofrecían máis de 400 opcións de todos os modelos, gamas e motorizacións.
Estes datos indican a clara intención de compra dos visitantes que, segundo indican os expositores “teñen moi claro o que buscan e saben o prezo de mercado do coche que queren. Veñen a Expourense a comparar e ver que no salón está máis barato que no concesionario, anímaos a pechar a compra”.

A esta cifra de ventas pechadas no salón haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ó salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira. Ademais das vendas pechadas nestes 3 días, esta cita serve tamén de toma de contacto para unha transacción a curto prazo. O proceso de compra dun vehículo supón un importante desembolso para as familias que visitan o salón, miran, van para a casa a pensar e aos poucos días acoden ao concesionario pechar a compra ou para coñecer máis detalles e probar o coche.
Esta foi a primeira das tres citas que Expourense organiza con ACAUTO. Como é habitual, no mes de outubro celebrarase tamén o Salón del Automóbil Novo (16 a 18 de outubro de 2026) e o Salón do Automóbil de Ocasión (23 a 25 de outubro de 2026). Ambas as dúas citas celebrarán a súa 17ª edición.
Polo que respecta a actividade de Expourense, a seguinte cita feiral será xa a 13ª edición de Funergal, Feira Internacional de Productos Funerarios, a primeira das citas de carácter internacional que organiza o recinto neste 2026 (Termatalia e Xantar son as outras dúas). Fungeral será a única cita internacional deste ano que ofrece negocio para os profesionais do sector funerario.
















