Ribadavia acollerá as finais da Copa Deputación Ourense 2026 de fútbol sala, que se disputarán os sábados 13 e 20 de xuño no pavillón municipal da localidade, recentemente renovado.
A presentación oficial da sede tivo lugar na mañá deste martes no salón de plenos do Concello de Ribadavia, nun acto no que participaron o alcalde, César Fernández; o representante do Ribeiro C.F., Fernando Alejandro Fernández; e o delegado da Real Federación Galega de Fútbol en Ourense, Raúl Rois.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
As finais quedan á espera de coñecer os equipos que as disputarán, nunha competición que se ten consolidado como unha das principais citas deportivas do calendario provincial.
Durante o acto destacouse o papel da Deputación de Ourense no impulso desta competición, así como a colaboración institucional que permite a celebración de eventos deportivos de relevancia na vila. Tamén se puxo en valor a implicación do Ribeiro C.F. no desenvolvemento do fútbol sala en Ribadavia.
Coa designación como sede, o municipio reforza a súa aposta pola organización de eventos deportivos e pola promoción da actividade física como elemento dinamizador a nivel social e local.
















