O Concello de Ribadavia trae este verán un dos espectáculos musicais máis demandados do circuíto galego e estatal. O próximo venres 3 de xullo, ás 20,00 horas, o Auditorio do Castelo acollerá “Guerreiras K-Pop: O Musical”, unha produción de enerxía desbordante que mestura teatro, danza e música nun formato pensado para un público amplo.
O espectáculo propón unha historia ambientada nun futuro distópico no que a música foi prohibida. Seis mozos descubren un segredo capaz de cambiar o mundo: o poder transformador do K-Pop. A partir de aí, desafían o sistema nunha revolución que só pode expresarse a través da arte. A dirección corre a cargo de Pedro Llaudes, coñecido pola súa traxectoria no elenco de “El Rey León” na Gran Vía de Madrid. O traballo escénico combina coreografías de alto nivel ao estilo K-Pop cun deseño de luces e escenografía visual envolvente.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“Guerreiras K-Pop: O Musical” é apto para todos os públicos e está especialmente recomendado para familias, xoves e persoas afeccionadas ao K-Pop. A proposta achega a estética e a enerxía deste fenómeno musical á cidade de Ribadavia cun formato accesible, dinámico e cheo de cor. Máis alá do entretemento, o espectáculo leva un mensaxe claro sobre a diversidade, a amizade e o poder da música como linguaxe universal.

















