O pleno da Corporación de Ribadavia, ao que non asistíu o grupo socialista, aprobou dúas propostas do BNG

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PSdeG-PSOE de Ribadavia non asistíu ao pleno da Corporación Municipal que se reuníu onte ás 20,00 horas, en sinal de protesta polo que cualifican como “un novo atropelo institucional” por parte do alcalde, César Manuel Fernández, e do goberno municipal do Partido Popular. Nesta sesión plenaria aprobáronse dúas mocións presentadas polo Bloque Nacionalista Galego (BNG).

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As e os socialistas denuncian que o rexedor decidiu modificar de forma unilateral a data do pleno, fixada regulamentariamente para o último xoves de cada mes, sen acordo da xunta de portavoces nin do propio pleno, incumprindo de maneira flagrante as normas básicas de funcionamento democrático. “Non existe ningunha causa extraordinaria que xustifique este cambio, trátase única e exclusivamente de adaptar o concello á súa axenda persoal”, sinalan.

Desde o PSdeG-PSOE de Ribadavia aseguran que esta decisión non é un feito illado, senón “a culminación de tres anos de deriva autoritaria”, nos que César Manuel Fernández “gobernou de costas á oposición e á veciñanza, convertendo o Concello nun espazo opaco e sen apenas democracia”. Neste sentido, lembran que levan anos sen convocarse órganos colexiados fundamentais, como o Consello Municipal de Deportes, o padroado da Vila Termal de Prexigueiro ou outros organismos consultivos, “nun abandono deliberado da participación pública”.

Así mesmo, denuncian unha política continuada de exclusión institucional, na que a oposición é apartada de actos públicos, decisións relevantes e espazos de participación. “O alcalde leva tres anos sen contar con nós absolutamente para nada, nin sequera para cuestións básicas de funcionamento municipal, o que evidencia unha falta total de respecto polos representantes lexítimos dunha parte moi importante da veciñanza”, indican.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Nesta sesión plenaria foron aprobadas dúas mocións plantexadas polo BNG. A primeira, na que solicitaban a recuperación do servizo municipal do ‘Punto Limpo’ e, a segunda, relativa á adquisición de material escénico e de son de uso compartido polas asociacións e colectivos de todo o municipio. As concelleiras nacionalistas tamén se interesaron, no punto de rogos e preguntas á alcaldía, sobre a habilitación de aparcadoiros públicos e a ordenación do tráfico na vila e o pintado de pasos de peóns.

Ademais, preguntaron cándo se vai dotar a nave do Servizo Municipal de Emerxencias e a promoción de habitabilidade de máis vivendas no municipio, aparte de solicitar sinalización axeitada para o conxunto de San Xés e o Museo do Viño de Galicia e a plantación de árbores en varios parques.

O grupo do BNG lamenta que este Pleno da Corporación non fora emitido, como é habitual, en streaming, “malia que estaba a ser gravado por personal técnico”, feito do que agardan explicacións.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------