A Xunta recoñece avances no trámite de ampliación do parque empresarial do Carballiño-Maside

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá en San Caetano unha reunión de traballo co presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, para abordar as actuacións que está a desenvolver a Xunta en materia de solo empresarial nesta provincia. Así, lembrou que o Goberno galego atende a demanda de Ourense con máis solo industrial para impulsar a implantación de novas industrias ou que as existentes poidan incrementar a súa capacidade produtiva.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta liña, Lorenzana explicou que as obras para ampliar nun 40 %, ata os 414.000 m2, a superficie do polígono de Xinzo de Limia xa están rematadas e pendentes de recepción por parte do Concello. Ademais, a Xunta continúa avanzando no desenvolvemento doutros parques como é o caso de San Cibrao das Viñas do que hoxe mesmo se adxudicaron as obras de urbanización; ou a ampliación de Pereiro de Aguiar, para a que xa se licitou o contrato de expropiación dos terreos. Tamén se está a avanzar nos trámites para a ampliación do parque empresarial de Carballiño-Maside, e tamén no de Paderne de Allariz.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


En total, en Ourense están en tramitación, urbanización ou execución máis de 2,7 millóns de metros cadrados en polígonos industriais cun investimento de 126 M€. A conselleira explicou que se trata de reforzar a capacidade de Galicia para competir na captación de investimentos, apoiar o crecemento das empresas que xa están implantadas e xerar novas oportunidades de desenvolvemento económico na Comunidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------