Residencias de maiores comparten unha xornada de fe e convivencia en Dacón

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado ano, a Residencia Xeriatrica As Caldas decidiu que algúns dos seus usuarios se desprazaran ata Dacón para asistir a unha misa en honor a Santa Rita. Este ano, a iniciativa foi máis aló e organizaron unha xornada de convivencia coas Residencias de Maiores do Cornuval (xestionada polo grupo Serge) e Dacón, que culminou tamén cunha misa en Dacón en honor a Santa Rita, xa que comeza a súa novena.

A xornada estivo marcada pola fe, a felicidade compartida e momentos de gran unión entre os tres centros. A emotividade e o compañeirismo foron os protagonistas, deixando unha pegada indeleble en todos os asistentes.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende a organización queren agradecer especialmente ao sacerdote don Jorge, da parroquia do Carballiño, e a don José, da parroquia de Dacón, por acompañar os maiores e oficiar esta fermosa celebración.

Unha vez máis, a comunidade demostrou que a fe e o cariño compartido constrúen recordos inesquecibles.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------