A docuficción “A semente” pón en valor a riqueza enogastronómica e patrimonial das comarcas do Ribeiro e O Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Grupo de Desenvolvemento Rural GDR Carballiño–Ribeiro presentou onte a docuficción “A semente” no Novocine de Leiro. Esta produción consta de seis capítulos de 20 minutos cada un, a través dos que se conta a historia do viño e dos produtos gastronómicos asociados ao territorio, como o pulpo da vila do Arenteiro, os pementos da Arnoia ou o pan de Cea, así como a súa relación co patrimonio existente.

No acto de presentación participaron Francisco José Fernández, presidente do GDR e alcalde de Leiro; Cecilio Santalices, xefe da Área Provincial de Ourense da Axencia de Turismo de Galicia; Marta Vázquez, directora territorial da Consellería de Comercio; Francisco Fumega e Manuel Dacal, alcalde e concelleiro de Turismo do Carballiño, e José Luis Valladares, alcalde de San Cristovo de Cea, entre outras autoridades. Asemade, tamén estiveron presentes Alejandro Ramil e Víctor García, director e actor protagonista de “A semente”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A ficción está producida polo GDR12, a través dun proxecto do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Ribeiro–Carballiño, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado pola Unión Europea. Mediante esta produción audiovisual quérese preservar e difundir a memoria colectiva, a cultura vitivinícola e o patrimonio gastronómico da zona, poñendo en valor a identidade e as tradicións da comarca.

O presidente do GDR Carballiño-Ribeiro, Francisco José Fernández Pérez, abundou na presentación na idea detrás do documental. “Se algo temos claro é que O Ribeiro e O Carballiño non se explican só con palabras. Hai que vivilos. Hai que sentilos. Hai que probalos”, incidiu, apuntando que o traballo “non pretende ser un libro de historia. A nosa historia xa foi contada —e moi ben contada— en numerosos estudos e publicacións. O que buscamos aquí foi outra cousa: crear unha emoción, unha curiosidade, unha necesidade de descubrir o territorio”. “Queremos que quen vexa esta serie sinta o desexo de vir aquí”, resumiu.

Pola súa banda, o Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, Cecilio Santalices Mourille, destacou que proxectos coma este son imprescindibles para fomentar o turismo en comarcas do interior como na que nos atopamos hoxe, que teñen moitísimo que amosar, pero que aínda non son tan coñecidas como outras zonas de costa. Estou seguro que moitas persoas que vexan esta serie visitarán moi pronto O Ribeiro e O Carballiño seducidos polos atractivos que descubriron na pantalla”.

O obxectivo do proxecto

Alejandro Ramil e Víctor García, tras explicar o argumento da serie, coincidiron á hora de indicar que “o obxectivo era poñer en valor os incribles atractivos deste territorio. Comezando polo sabor único dos viños do Ribeiro, e pola súa especial gastronomía na que, entre outros moitos produtos, destacan o pulpo do Carballiño, os pementos de Arnoia ou o pan de Cea”.

A docuficción non só fala de enogastronomía, se non que tamén quere dar a coñecer o patrimonio destas dúas comarcas. O actor Víctor García rematou dicindo que “o que máis me sorprendeu ao desenvolver este proxecto foi precisamente o que menos coñecía. Os seus monumentos, as súas paisaxes, a súa historia e, sobre todo, a súa xente”.

Hoxe é a estrea

Durante o evento, que estivo presentado polo xornalista Jorge Isla, as persoas asistentes puideron asistir á proxección do primeiro capítulo do documental, que se emitirá para todo o público, hoxe, domingo 17 de maio, a través da canle de Youtube do PSTD Ribeiro–Carballiño. Os outros cinco capítulos estrearanse a razón dun semanal, tamén en domingo.

Tras da súa estrea, a docuficción ‘A Semente’ será presentada o 23 de xuño en Madrid, na Casa de Galicia. O documental contará así mesmo con versións subtituladas, co obxectivo de ampliar o seu alcance para chegar a novos públicos. Desde o GDR están tamén a traballar na súa participación en festivais especializados do sector audiovisual e turístico, así como na súa posible emisión en canles tradicionais e temáticas.

Agradecementos a Ernesto Romero

Todas as autoridades que participaron no acto, así como o director e o protagonista da docuficción, coincidiron á hora de agradecer a Ernesto Romero, o xerente do Novocine de Leiro “o seu incrible esforzo para conseguir manter unha sala de cine nun pobo tan pequeno como no que nos atopamos”. O alcalde do municipio, Francisco José Fernández, presumiu de que hoxe estrenamos esta espectacular docuficción no cine máis rural de España. Tivemos a sorte de poder vela aquí antes de que se estree en Madrid o mes que ven”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------