A localidade de Dacón acolleu onte a novena edición da ‘Xuntanza de Clásicos’, un evento xa tradicional dentro da programación da comisión de festas da Santa Rita que reuníu a 80 vehículos, entre turismos e camións, nesta xornada dominical.
Despois da concentración dos automóbiles na praza da igrexa e unha pequena charla, os participantes iniciaron a ruta, con una primeira parada nas adegas Arnedo, onde realizaron una visita guiada, para logo continuar o seu percorrido ata o Mosteiro de Oseira, antes do seu regreso a Dacón para o xantar, onde se entregaron chaveiros conmemorativos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Xa pola tarde, os automobilistas tiveron a oportunidade de asistir a unha exhibición espectacular de vehículos especiais, que correu a cargo de NH Pina, Jaque Stunt e Pedriña 4×4. No decurso do espectáculo sorteáronse un xamón ibérico e estuches de viño Pazo Tizón. O DJ Smile encargouse de poñer a música.
O programa dos festexos na honra da Santa Rita continuará o venres, día 22, día da patrona, cos actos litúrxicos e a procesión, e as actuacións da banda Xuntanza do Carballiño, DJ Smile e a orquestra Miramar. O sábado, día 23, abrirase a xornada cun pasarrúas da charanga Licor-K, mentres DJ Smile e a orquestra La Fórmula amenizarán a verbena pola noite.

















