Espazo Común reclama de novo un cambio na xestión da residencia xeriátrica do Asilo do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Espazo Común vén de presentar unha moción ante o Concello solicitando da Corporación que “inste ao Padroado da Fundación Irmáns Prieto a revocar o nomeamento do administrador actual (da residencia xeriátrica do Asilo) e o nomeamento  para este posto dunha persoa de consenso e recoñecido prestixio do Carballiño que reuna as condicións necesarias para o cargo”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xustifican esta petición baseándose en que a substitución do avogado “de orixe carballiñés” que desempeñaba esta función, foi “un dos resortes fundamentais empregados polos interesados” para controlar “na sombra” a xestión do Asilo. A institución decidira daquela nomear ao ecónomo da Diócese de Zamora, “sen vínculo algún con este pobo ou coa institución”.

O grupo de Espazo Común lembra que “en máis de 100 anos, o legado dos Irmáns Prieto en favor dos máis necesitados foi o foco da solidariedade e a xenerosidade da veciñanza e unha entidade á que todos coidamos e respectamos dende calquer ámeto da sociedade. Ata que hai uns sete ou oito anos, unha ou varias persoas das que debían traballar para defendelo, decidiron que podería ser un negocio”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Esta formación política considera, que, a partir dese momento, “comezou un paulatino proceso de desmantelamento da estrutura que históricamente mantivo en pé o Asilo do Carballiño”. E citan “a sospeitosa ‘depuración’ da congregación das Hermanitas dos Anciáns Desamparados; o despido da meirande parte da plantilla de traballadoras, veciñas deste pobo; a implantación dun modelo de xestión oscurantista como evidencia o feito de que levemos anos pedindo que se dea a coñecer a situación económica e patrimonial da Fundación, algo que PP e PSOE esconden por razóns que algún día se saberán”.

Conclúen estar convencidos de que o nomeamento dun administrador máis axeitado “podería ser o primeiro paso do camiño que temos que emprender para recuperar o Asilo para os carballiñeses”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------