Os deportistas carballiñeses promocionan o Camiño Miñoto

Deportistas carballiñeses do Gimnasio Korpore realizaron esta fin de semana o tramo do Camiño Miñoto que discorre polo municipio.

Publicidade

Esta ruta foi desbrozada e acondicionada recentemente pola  concellería de Medio Rural, e está pendente da súa sinalización, que conta xa cun plano preciso do trazado entre Fonte Antiga e Banga, na súa meirande parte coincidente co Camiño dos Arrieiros.