O carballiñés Alberte Pagán é un dos secuestrados da Global Sumud Flotilla. Hoxe as 8 da tarde concentración na Praza Maior

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Concentración polo secuestro ilegal en augas internacionais de membros da Global Sumud Flotilla por parte do exército de Israel

Entre os retidos atópase Alberte Pagán, veciño do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Carballiño / Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026 – Diversas organizacións sociais e de defensa dos dereitos humanos convocan unha concentración para esixir a liberación inmediata dos membros da Global Sumud Flotilla que foron retidos ilegalmente en augas internacionais polo exército de Israel.

Segundo as primeiras informacións, o secuestro produciuse cando a flotilla realizaba unha misión pacífica de rompemento do bloqueo e de achega de axuda humanitaria. Entre as persoas secuestradas atópase Alberte Pagán, veciño do Carballiño, feito que ten xerado unha fonda indignación no municipio e no conxunto do país.

Os convocantes reclaman:

  • A liberación inmediata e sen condicións de todas as persoas retidas.
  • O respecto ao dereito internacional e á liberdade de navegación en augas internacionais.
  • O fin do bloqueo e da violencia exercida contra misións humanitarias.

A concentración terá lugar o Hoxe martes ás 20:00 h na Praza Maior do Carballiño, e está prevista a participación de representantes institucionais, colectivos solidarios e cidadanía en xeral.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------