O mércores (día 27) as 19:00 h na Libraría Escolma: Presentación do libro “Laberinto del deseo” de González Suárez

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Laberinto del deseo” é un conxunto de poemas que non se limita a explorar os sentimentos. O seu autor, Gonzalo Suárez constrúe, con palabras tan sinxelas como demoledoras, un mapa emocional onde conflúen o amor, a soidade, a dor existencial, o paso implacable do tempo e a nostalxia que todo o cubre.
Cada poema é unha estación de paso, un reflexo da fraxilidade humana que o autor captura cunha honestidade brutal. Sen artificios nin barroquismos, a súa linguaxe cotiá e vital convida a perdernos nos recunchos da memoria, na ferida aberta do desexo, na certeza da morte como imaxe de fondo inevitable. Suárez fálanos da imposibilidade de aferrarnos a algo que non sexa a procura dun mesmo.
Este libro non se le: vívese e sófrese. E, sobre todo, séntese. Porque “Laberinto del deseo” non ofrece respostas nin consolos fáciles. Entréganos, en troques, o raro privilexio de recoñecernos na súa tristeza luminosa e na súa melancólica beleza.
Unha obra que nos convida a camiñar polos nosos  propios labirintos, co corazón aberto e a mirada limpa.

GONZALO SUÁREZ estará acompañado por JOSÉ LUIS GARCÍA (Profesor xubilado do IES Nº 1) e recitará VICTORIA IGLESIAS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------