O Consello autoriza a renovación do acordo entre as dúas entidades para garantir o correcto funcionamento deste servizo en concellos de toda Galicia
O Consello da Xunta autorizou hoxe a renovación do convenio entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para cubrir os gastos de limpeza de 34 centros públicos integrados (CPI) situados en concellos de toda Galicia. A través del, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP achegará á entidade municipal un total de 695.296 € para que desenvolva estas tarefas.
O obxectivo deste acordo é garantir o correcto funcionamento do servizo nesta tipoloxía de centros, situados no rural, nos que o alumnado pode cursar as etapas de infantil, primaria e ESO. Cómpre lembrar que a limpeza dos colexios das etapas de infantil e primaria é competencia municipal, mentres que o resto de etapas de ensino non universitario son responsabilidade da Xunta de Galicia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Polo tanto, o convenio artella a colaboración para proceder nos casos concretos dos CPI, nos que a responsabilidade é compartida. Deste xeito, refórzase a cooperación entre institucións e garántese unha prestación eficaz e sostible dos servizos públicos, evitando duplicidades e favorecendo un uso responsable dos recursos.
En Ourense son sete, entre os que están o CPI Tomás Terrón Mendaña (Carballeda de Valdeorras), Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), Antonio Failde (Coles), Laureano Prieto (A Gudiña), de Maside (Maside), de Padrenda-Crespos (Padrenda) e Virxe da Saleta
(San Cristovo de Cea)









