A Área de Educación do Concello do Carballiño activará de xeito experimental una APP (aplicación de telefonía móbil) que facilitará o acceso á sala de estudio da Biblioteca Pública Municipal durante todos os días da semana e incluso nas xornadas festivas. A concelleira respònsable deste departamento, Lorena Castro, presentou a iniciativa esta mañá no salón de plenos da Casa Consistorial, “que tan só está en funcionamento nunha biblioteca de Galicia e é a primeira da provincia de Ourense”, salientou a concelleira.
As persoas interesadas en ter a disposición a sala de estudio, ubicada na planta baixa da Casa da Cultura da vila, deberán descargar a aplicación ‘APP Concello do Carballiño’ no apartado ‘Biblioteca’ e facer a reserva de entrada, establecéndose dúas quendas, de 9,00 a 15,00 horas e de 15,00 a 21,00 horas, de luns a domingo e tamén en días festivos, e cun número ilimitado de entradas. A entrada no edificio franquearase mediante o uso dun código de acceso.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Lorena Castro apuntou que “a posta en marcha desta aplicación permitirá un horario moito máis amplio de apertura para a sala de estudio, que está a ser moi demandada nestas datas pola proximidade dos exames de acceso á universidade e a convocatoria de oposicións”.

















