O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Carballiño vén de realizar con éxito o seu primeiro simulacro. A directora do centro, Celia Salceda, liderou o operativo, que contou cun equipo de actuación e un equipo de evacuación, formado polos 11 docentes do centro.
Tratábase dun simulacro de incendio nun corredor, polo que tanto estudantes como profesores tiveron que saír do edificio seguindo o protocolo existente. “O alumnado respondeu ben ás indicacións dos docentes e saíron de forma ordenada e segura”, resalta Celia Salceda.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O operativo contou tamén coa participación da Agrupación de Bombeiros do Consorcio Ribeiro-Carballiño, axentes da Policía Local e voluntariado de Protección Civil. Ao remate, realizouse unha valoración final na que os equipos de emerxencia propuxeron recomendacións e pautas para mellorar en futuros simulacros.
















