Catro horas de actividade deportiva encheron a mañá deste pasado sábado para os participantes na segunda edición do ‘Maratón Fitness’ promovido pola Concellería de Deportes do Carballiño coa colaboración do Ximnasio Kórpore.
Unha cita que tivo lugar a partir das 10,30 horas na praza Juan Corral Pajariño cun completo programa de zumba, pilates, ‘body bar’ e ioga, que nos foi comentado ‘in situ’ pola propia xerente do club deportivo, Rebeca Amil. Unha actividade que estivo aberta a tódalas idades e na que se podía parrticipar de xeito totalmente gratuíto, e que ten coma obxectivo “o fomento da práctica deportiva durante todo o ano”, tal e como expresou o edil de Deportes, José Castro-Gil.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Asemade, o tamén alcalde en funcións avanzou que, “cara o futuro, extenderemos este tipo de actividade a outras prazas e barrios do Carballiño”, tendo en conta o éxito das sesións de ioga e pilates que se desenvolven no pavillón Paco Chao nas fines de semana, “cunha media de participación de entre 30 a 40 persoas en cada modalidade”.
















