O 061 de Galicia pide precaución nas estradas nos desprazamentos de Semana Santa

IES CHAMOSO LAMAS

A Axencia Galega de Saúde-061, pídelles aos condutores que teñan coidado nas estradas antes do comezo, mañá xoves, das vacacións de Semana Santa e ata o vindeiro domingo 17 de abril. Ademais, recordan que en caso de accidente, é primordial chamar ó 061.

Antes de colaborar nun accidente de tráfico, debes intentar estacionar o coche nun lugar seguro, lonxe do accidente e acender as luces de perigo. Debes usar roupa reflectante ou visible, pero nunca escura. O que nunca debes facer é poñer en perigo a túa propia vida. E salvo perigo de incendio ou novos atropelos, non se debe desprazar ningún ferido, xa que as súas feridas poderían verse agravadas.

OZOCOgz Deseño Galego

Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu a 122 persoas durante a Semana Santa de 2021 debido a 90 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. Nas idades dos feridos obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.