Ribeiro en Común denunciou no Pleno a parálise dos investimentos termais de Prexigueiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Pleno aprobou a Moción que crítica a xestión do goberno local nas Termas de Prexigueiro e que reclama máis investimentos á Deputación, Xunta e concesionaria.

Ribeiro en Común denunciou no Pleno a parálise dos investimentos termais de Prexigueiro, e sinalou a alcaldía como principal responsable, aínda así a Moción foi aprobada cos votos a favor da oposición e a abstención do goberno.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Alcalde non interviu e o goberno local quedou sen argumentos para defender a súa xestión nestes tres anos en Prexigueiro.

Ribadavia a 30 de maio.

En tres anos o alcalde non convocou ningunha reunión entre veciños e membros da corporación.

O alcalde escóndese detrás de escusas burocráticas, que non son necesarias para convocar aos veciños e dar explicacións da situación da parte pública das termas.

Si ben é certo, que a parte privada goza dunha moi boa saúde, con enorme afluencia de visitantes, a parte pública quedou paralizada. A pesar que na anterior lexislatura se adiantaran compromisos para a súa mellora.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


É chocante, e non é de recibo, que a grande afluencia de visitantes non repercute nin na mellora do entorno das termas nin do propio núcleo de Prexigueiro.

Para Ribeiro en Común, o éxito rotundo das Termas debe traducirse en investimentos por parte da concesionaria e das Administracións en Prexigueiro, tanto nas termas públicas, abandonadas, como no núcleo e nos servizos dos veciños.

A un ano de novas eleccións, e consumidos case cinco anos de mandato, 2019-21 e 2023-26, ningunha das promesas do PP foi nin iniciada.

Nada foi feito. As termas antigas, as pozas públicas, a antiga pasarela no río Cerves, caída, ou o seu muíño, en ruínas, nada de nada foi nin planteado como mellora por parte do actual goberno.

Mentres outros concellos optan a investimentos da Deputación e Xunta para a mellora das infraestruturas termais, o alcalde e vicepresidente da Deputación, aínda non realizou ningún proxecto de mellora das termas públicas.

Así, por exemplo, o DOGA publicaba esta semana que o Concello de Cortegada acaba de facer un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia por valor de 145 mil euros só para a redacción do Proxecto de mellora e rehabilitación das súas TERMAS. E, ademais está comprometida xa unha partida importante de investimentos.

Cabe sinalar que o proxecto iniciado na pasada lexislatura, en 2022, polo INORDE, para realizar unha senda que una Prexigueiro con Francelos, só foi realizado un pequeno traxecto, o que supón un investimento raquítico e intranscendente. E, ademais non hai a día de hoxe un calendario real de investimento nin un plan de execución de dito proxecto.

Por todo isto, desde Ribeiro en Común defendemos neste Pleno de Maio, do pasado xoves 28, que actitude do Concello con Prexigueiro debe cambiar e mellorar, reclamándolle á alcaldía que deixe de agocharse, que exerza a súa responsabilidade e interveña neste asunto:

Convoque a veciños de Prexigueiro, a todos os que participaron nas eleccións veciñais da asociación,  e a membros da Corporación Municipal co obxectivo de atopar unha voz unitaria e forte para reclamar investimentos e melloras, tanto para as termas como para necesidades do núcleo de Prexigueiro. 

É incomprensible que transcorridos tres anos deste mandato o Concello non realizara ningunha mellora para Prexigueiro, pero menos admisible é que o alcalde non nos convocara aínda a veciños e Corporación.

Igualmente paradoxal que o alcalde non tivera capacidade de defender no Pleno un só argumento sobre a súa xestión, e nin se quer aproveitou a súa quenda de palabra para falar, o que demostra, ou ben a súa incapacidade para poñer en valor algún argumento da súa xestión en Prexigueiro, ou ben, o seu desinterese absoluto.

Tampouco quixo explicar no Pleno o recorte do proxecto de 2022 do INORDE, que aprobou na pasada lexislatura unha senda entre Ribadavia e as Termas de Prexigueiro, e que nestes tres anos reduciuse só a facer un camiño de uns poucos centos de metros.

Aprobada esta moción, Ribeiro en Común intensificará a súa supervisión e reivindicación para o seu cumprimento.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------