Os servizos de emerxencias rescataron a un home do río Silvaboa en Piñor, un operativo no que participaron efectivos do Parque Intercomarcal de Bombeiros O Ribeiro-Carballiño, Garda Civil e persoal do Servizo de Urxencias 061 de Galicia.
Foi ás 11,30 horas de hoxe cando o 112 Galicia atendeu unha petición de colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por mor dunha persoa que aboiaba nas augas do río Silvaboa, na localidade de Reda, na parroquia de A Canda, no municipio de Piñor. Era necesario o rescate para prestar asistencia médica a un home, que flotaba na auga e parecía estar aínda con vida. Así, os xestores do CIAE avisaron aos bombeiros do Carballiño así como ao acuartelamento da Garda Civil.
Os efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros sacaron a persoa do río e os profesionais sanitarios comezaron coas labores de reanimación, pois entrara en parada cardiorrespiratoria, se ben finalmente, o home recuperou o pulso e foi evacuado con vida no helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

















