O programa piloto de ‘microasfaltado’ no casco urbano do Carballiño xa está en marcha desde esta semana

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño está a poñer en marcha o novidoso plan de microasfaltado, anunciado hai tres meses, en rúas e avenidas do casco urbano, co obxectivo de reparar os firmes tralo deterioro causado polas intensas choivas dos meses de inverno e comezo da primavera. “Esta intervención inclúe unha primeira capa para tapar as fochancas e unha segunda capa de microasfalto posterior tras unha semana de asentamento”, apuntou hoxe o alcalde en funcións, José Castro-Gil. As previsións apuntan a que cada fase sexa executada nun só día por cada carril de circulación, “e tenataremos de que se fagan pola noite, unha vez as rúas sexan liberadas de vehículos estacionados”.

O proxecto contempla as probas deste proxecto piloto nas rúas Centro de Carballiño en Bos Aires e nas avenidas Julio Rodríguez Soto, na que xa estaban a traballar hoxe os operarios, e Conde Vallellano, onde estos viais presentas un estado de deterioro avanzado. “Se este novo sistema de microasfaltado funciona, ampliarémolo ao resto das vías afectadas polas fochancas”, avanzou Castro.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Nesa liña, a previsión do Concello é replicar esta actuación nas rúas Martínez de Avellanosa, Blanco Amor, Juan Corral, Saleta, Cesario Tizón, Aquilino Sánchez, Evaristo Vaamonde, Alberto Vilanova, Alexandre Bóveda, Tellado, Comunidade de Madrid, Colombia, País Vasco, Principado de Asturias, Cantabria, Barrio Quintero e Campo da Festa, Boborás, Gómez Román, circunvalación, Murcia e Toscaña.

Estas obras supoñen un investimento aproximado de 36.000 euros para os bacheados e 48.000 para o microasfaltado, ademais doutra cantidade de 47.000 euros para o acondicionamento da rúa Loureiro, situada no Barrio de Flores.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------