Extinguido o incendio en Boborás que queimou máis de 277 hectáreas de monte dende o pasado sábado

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Consellería do Medio Rural informou da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 9,00 horas de hoxe, indicando que, ás 23,24 horas de onte dábase por extinguido o incendio forestal do concello de Boborás, que afectou ás parroquias de Moreiras e Feás, no que tamén foi necesario declarar temporalmente a ‘Situación 2’ pola súa proximidade a núcleos de poboación.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O lume comezara ás 21,55 horas do pasado sábado, día 13, e afectou finalmente unha superficie de 277,58 hectáreas, das cales 210,19 son rasas e as 67,39 restantes corresponden con arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 38 axentes, 69 brigadas, 46 motobombas, 3 unidades técnicas de apoio, 4 pas, 6 helicópteros e 10 avións.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------