O Concello de Boborás informa sobre a posibilidade de regularizar propiedades que non figuran no Catastro a través do proxecto Rehabita Rural Lab

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Boborás informa de que as persoas que teñan propiedades que non figuran no Catastro, que carezan de referencia catastral ou que non estean debidamente incorporadas á realidade catastral poden solicitar a súa regularización no marco do proxecto Rehabita Rural Lab.

As persoas interesadas só teñen que chamar ao teléfono 988 402 008 e facilitar o seu nome e apelidos, un teléfono de contacto e o lugar no que se atopa a propiedade.

Posteriormente, a empresa EIBISA porase en contacto con cada persoa para asignarlle unha cita personalizada e realizar toda a xestión de maneira totalmente gratuíta.

Dende o Concello incídese na importancia de que a veciñanza chame aínda que neste momento non dispoña de toda a documentación necesaria. Nestes casos, tamén se iniciará a xestión e indicaráselle a cada persoa que documentos son precisos ou como pode obtelos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Este trámite considérase de especial relevancia, xa que existen numerosas propiedades en Boborás que non constan no Catastro ou que non están incorporadas correctamente á súa cartografía e rexistros, o que provoca que, a efectos administrativos, sexa como se non existisen.

O Concello de Boborás anima á veciñanza a aproveitar este servizo gratuíto e agradece a colaboración cidadá para avanzar na regularización catastral destas propiedades no municipio.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------