O goberno local comprométese a respostar ás demandas dos empresarios da área industrial do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alcalde en funcións do Carballiño, José Castro-Gil, e o concelleiro de Turismo e Industria, Manuel Dacal, mantiveron esta mañá unha reunión coa xunta directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA) para coñecer as necesidades e reforzar o apoio ao colectivo. No encontro, Castro-Gil e Dacal avanzaron as principais medidas que o Concello levará a cabo nos próximos meses, tales como a posta en marcha do viveiro de empresas ou a limpeza e reparación de viais da área industrial.

Por outra banda, comprometeron a colaboración do goberno municipal en cuestións de seguridade como a posta en marcha de novas cámaras de vixilancia para incrementar a protección da zona, na que están instaladas 55 empresas de diversos sectores. Na mesma liña, o alcalde e o concelleiro recordaron a posta a disposición de dependencias municipais como a Biblioteca, a Casa do Peón ou a Fábrica de Papel para actividades, cursos e xuntanzas da agrupación empresarial.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------