O músico e compositor Daniel Filloy volta ao Auditorio Manuel María do Carballiño para ofrecer un concerto en acústico, sete anos despois da última actuación co grupo ‘Los Perrys’. A función terá lugar o sábado 26 de setembro ás 20,30 horas e con entrada libre ata completar o aforo.
O concerto, unha proposta íntima a piano e voz, combinará versións de cancións contemporáneas recoñecibles para todos cunha mostra das composicións orixinais do artista, coas que, dende o 2019, ten sido tres veces finalista do Xuventude Crea, gañador do 3º premio no devandito certame e do 2º nos premios de creación universitaria da Universidade de Vigo. Dende entón, ten publicados 5 álbums e 3 sinxelos.
Ao finalizar o concerto, haberá a posibilidade de contribuír voluntariamente á apoiar o traballo de Daniel Filly por medio dunha taquilla inversa.

















