O IES Manuel Chamoso Lamas consolida a súa aposta pola internacionalización coa concesión de dous novos proxectos Erasmus+ KA122 para o período 2026-2028: un destinado á Educación de Persoas Adultas (KA122-ADU) e outro á Formación Profesional (KA122-VET)
Dende a dirección deste centro de ensino sublíñase que se trata “dun importante avance na estratexia internacional do centro, que pretende que as oportunidades de mobilidade e aprendizaxe europea cheguen progresivamente ao conxunto da comunidade educativa e teñan tamén impacto no propio contorno de O Carballiño e da comarca”.
Os dous proxectos foron presentados na convocatoria Erasmus+ 2026 e serán desenvolvidos co apoio do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE). O proxecto de Educación de Persoas Adultas, “Adultos competentes, cidadanía europea activa”, desenvolverase entre o 1 de novembro de 2026 e o 30 de abril de 2028, mentres que o proxecto de Formación Profesional, «Competencias para a empregabilidade e o emprendemento: cara a unha Europa sostible, segura e inclusiva», terá unha duración de 18 meses, entre o 31 de decembro de 2026 e o 29 de xuño de 2028.
“Son mobilidades totalmente subvencionadas das que vai poder disfrutar o noso alumnado. O obxectivo final é extender estes proxectos a todas as etapas educativas que oferta o centro”, conclúen dende a dirección do IES Manuel Chamoso Lamas.

















