Ribadavia acolle desde o pasado sábado a exposición ‘Retratos y mascotas’, de Roberto Muradás Núñez, unha mostra composta por retratos de persoas e animais realizados con tinta e mediante a técnica do puntillismo.
Muradás retomou a súa actividade artística despois dos 50 anos, tras unha primeira etapa formativa na Escola Obradoiro Auria, onde se achegou ao deseño, á maquetación, á imaxe corporativa e á escultura. Unha alteración na percepción das cores levouno a centrarse no traballo con tinta e a adoptar o puntillismo como principal método de expresión.
A exposición poderá visitarse ata o 27 de setembro na Igrexa da Madalena de mércores a sábado, de 11,30 a 13,30 e de 18,30 a 20,30 horas, e os domingos de 11,30 a 13,30 horas.


















