Carballeda de Avia acolle dende este martes un obradoiro de elaboración de conservas caseiras

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Carballeda de Avia propón a participación da veciñanza nun obradoiro de elaboración de conservas, no que se poderán aprender á aproveitar os produtos da horta e preparar deliciosas conservas caseiras. As inscricións están abertas neste departamento municipal ou chamando ao teléfono 988.487.000, tendo en conta que as prazas son limitadas.

O obradoiro desenvolverase en horario de 17,00 a 19,00 horas na sala multiusos da Casa Consistorial, dende mañá, martes 22 de setembro, e prolongarase noutras sesións os días 6, 13 e 27 de outubro.

Nestas sesións, as participantes aprenderán a elaborar receitas como marmelada de cabaza con outras froitas; kétchup caseiro; paté de setas; vinagreta de pementos ou escabeche de polo, entre outros preparados alimentarios.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------